Ir o contido principal

Inauguración do curso de posgrao 'Economía e Xestión da Innovación'

O curso de posgrao ‘Economía e Xestión da Innovación’ celebra este venres 5 o seu acto inaugural coa presenza do director xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, Salustiano Mato, acompañado do responsable do posgrao, o catedrático de Economía Aplicada Xavier Vence. A sesión celebrarase a partir das 16:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económica se Empresariais.
Este posgrao ten como obxectivo profesionalizar e aumentar a capacidade de organización e xestión eficiente dos recursos dedicados á innovación e á creación de coñecemento relacionado co deseño de proxectos de investigación, e a xestión dos seus resultados científico-tecnolóxicos. Ademais, esta proposta formativa tratará de contribuír ao fortalecemento do sistema de innovación mediante a formación de especialistas na xestión da investigación e da innovación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2008.