Ir o contido principal

Inauguración da segunda edición do Seminario Internacional sobre Sistemas Agroforestais do programa Azahar

O luns 19 dará comezo na Escola Politécnica Superior o II Seminario Internacional ‘Sistemas Agroforestais como técnicas de manexo sostible do territorio’, financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional no marco do Programa Azahar, dirixido a técnicos dos países do Magreb.
A inauguración do curso terá lugar ás 10:30 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior por parte do vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero. Estará acompañado polo alcalde da cidade, José López Orozco; o xefe de servizo de Montes da Consellaría de Medio Rural, Javier Bruña, o director da Escola Politécnica, Javier Bueno, e o coordinador en Lugo do curso, Antonio Rigueiro.
Este seminario desenvolve a próxima semana en Lugo o seu terceiro módulo despois da estadía dos participantes en Granada e Plasencia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2008.