Ir o contido principal

Inauguración do edificio do CIBUS

Estas novas instalacións concentran preto de seis mil metros cadrados dedicados á investigación en Bioloxía

O novo Centro de Investigación en Bioloxía da Universidade de Santiago (CIBUS) inaugurarase oficialmente este xoves 29, nun acto que vai presidir o reitor da USC, Senén Barro, a partir das 13:00 horas no Campus Sur (a carón das facultades de Bioloxía e Matemáticas).
O CIBUS ofrecerá aos investigadores da Área de Bioloxía unha superficie de 12.915 metros cadrados, dos que preto de 6.000 destinaranse especificamente a investigación. Nestas novas instalacións aséntanse vinte e dous laboratorios xerais de Bioloxía e corenta e dous despachos para investigadores, así como un laboratorio de radioisótopos e outro de transición, unha sala de ultracentrífugas e de conxeladores e cámaras frigoríficas, unha cámara de cultivo e un almacén xeral.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2009.