Inauguración na Escola de Relacións Laborais da exposición 'Unha mirada ao traballo. Centenario da Inspección de Traballo e Seguridade Social'
A Escola de Relacións Laborais de Santiago acubillará do 19 de maio ao 20 de xuño a exposición ‘Unha mirada ao traballo. Centenario da Inspección de Traballo e Seguridade Social’ exposición que tenta dar un repaso á historia das relacións laborais en España.
A inauguración oficial da mostra celebrarase o vindeiro luns 19 ás 11:30 horas estando prevista a presenza do conselleiro de Traballo, Ricardo Varela Sánchez, do vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Pló, e do director do centro, Juan Ares.
Trátase dunha exposición que vai percorrer toda España e que agora chega á universidade compostelá procedente de Cataluña e Andalucía, primeiras escalas do seu periplo.