Ir o contido principal

Inauguración da exposición ‘Tres escritores, tres culturas: Cervantes, Shakespeare, Rubén Darío’

Inauguración da exposición ‘Tres escritores, tres culturas: Cervantes, Shakespeare, Rubén Darío’
Inauguración da exposición ‘Tres escritores, tres culturas: Cervantes, Shakespeare, Rubén Darío’

Cervantes, Shakespeare e Rubén Darío. Tres autores universais que confluíron na construción dun diálogo que vai alén das épocas, das linguas e das culturas; tres formas de entender o mundo diferentes e complementarias ao mesmo tempo. Un bo exemplo do que a interculturalidade pode ofrecer.

Neste contexto campUSCulturae, proxecto europeo cofinanciado pola EACEA Culture Agency e a USC, presenta unha exposición coa que conmemora o IV Centenario da morte de Cervantes e Shakespeare e o primeiro de Rubén Darío. A inauguración terá lugar este sábado 23 ás 11:30 horas na sala da Capela de Fonseca e nela participarán o vicerreitor de Comunicación da USC, Xosé Pereira Fariña; a comisaria da mostra e membro da asocación ACIDE, Jesusa Camaño; o catedrático de Literatura Española da USC Santiago Fernández Mosquera; e o coordinador de campUSCulturae, Xosé A. Neira Cruz.

A través da selección bibliográfica que se propón, e que supón un percorrido polas obras máis coñecidas dos tres autores e polos fitos máis salientables das súas biografías, atoparanse obras dos distintos xéneros literarios (poesía, teatro e prosa), edicións ilustradas (algunhas a conteren imaxes, debuxos ou gravados de gran beleza) e, en definitiva, tesouros que forman parte dos fondos da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2016.