Ir o contido principal

Inauguración da exposición ‘Un mar... 50 miradas’ no Claustro de Fonseca

Unha serie fotográfica sobre o mar é o eixo temático da exposición ‘Un mar... 50 miradas’, organizada por campUSCulturae e que será inaugurada este venres 30, ás 19.30 horas, polo reitor Juan Casares, coa asistencia de Irene García de campUSCulturae, a comisaria da mostra Nita Ferreiro e Carlos Alonso, autor das fotografías. A exposición componse dunha serie de cincuenta imaxes do mar acompañadas de textos que amosan as percepcións de diversos autores dende poetas a humanistas, escritores, ou científicos, sobre a beleza da paisaxe galega. Poderase visitar entre o 30 de maio e o 30 de agosto no Claustro do Colexio de Fonseca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2014.