Ir o contido principal

Inauguración da exposición ‘Miradas de marfil’, do fotógrafo Marcos Rodríguez

Inauguración da exposición ‘Miradas de marfil’, do fotógrafo Marcos Rodríguez
Inauguración da exposición ‘Miradas de marfil’, do fotógrafo Marcos Rodríguez

O carballés Marcos Rodríguez inaugura este venres, 1 de xuño, na USC a mostra ‘Miradas de Marfil’ na que, da man da ONG Égueire, presenta o seu proxecto máis emocional, desenvolvido entre novembro e decembro en Costa de Marfil.

A inauguración da exposición, na que retrata as xentes do país africano captando de xeito especial as súas olladas, terá lugar ás 19.30 horas no claustro alto do Colexio de Fonseca.

A cámara de Marcos Rodríguez, fotógrafo titulado e distinguido pola Federación Española de Fotografía (Fepfi), foi durante todos estes anos testemuña do devir social e cultural da súa comarca, pero o seu traballo foi tamén recoñecido estatal e internacionalmente. Así, acadou a Medalla de Prata no Mundial de Fotografía WPC, World Phothographic Cup en 2015 ou a ‘Cámara de Ouro’ que lle outorga o título de Mellor Fotógrafo Europeo do ano en Reportaxe gráfico 2017, galardón que volveu revalidar este ano.

Foi ademais xefe de fotografía no semanario O Acontecer e traballou como fotógrafo de El Ideal Gallego, El Diario de Bergantiños, Deporte Campeón, Que pasa na Costa e La Voz de Galicia. De 2007 a 2017 realizou varias exposicións con retratos das xentes da súa comarca, en solitario ou montaxes colectivas, ata que marchou ao país africano a embarcarse neste interesante proxecto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2018.