Ir o contido principal

Inauguración da exposición ‘Palabras pintadas’ de Soledad Pite Sanjurjo

A exposición ‘Palabras pintadas’, da artista compostelá Soledad Pite Sanjurjo, abrirá as súas portas este martes 4 ás 19.30 horas no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca dentro das actividades que desenvolve o proxecto europeo campUSCulturae. Intervirán no acto inaugural, o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; a propia artista; a comisaria da mostra, Emanuela Saladini; e o coordinador de campUSCulturae, Xosé Antonio Neira Cruz. A exposición, definida polos seus promotores como un diálogo entre as artes, “quixera ser unha viaxe sobre as vivencias, sentimentos e recordos de Soledad Pite”. Para alcanzar o seu obxectivo na mostra conviven pinturas, debuxos e poesías que definen un retrato dos estados de ánimo da súa autora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.02.2014.