Ir o contido principal

Inauguración da exposición ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá’

Poderase visitar no Colexio de Fonseca do 3 ao 20 de setembro

A Universidade de Santiago e as Fundacións Grupo Norte e Down Compostela inauguran este mércores 3 en Fonseca a exposición de fotografías ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá’, que recolle unha selección das imaxes premiadas no Concurso Internacional de Fotografía Dixital que convocan a Fundación Grupo Norte e o Instituto Universitario de Integración na Comunidade (Inico) da Universidade de Salamanca, co obxecto de contribuír á normalización das persoas con discapacidade. A inauguración da mostra, presente por primeira vez en Galicia, terá lugar este mércores no claustro do Colexio de Fonseca ás 12.00 horas nun acto no que intervirán a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Dolores Álvarez Pérez; a secretaria xeral de Política Social da Consellaría de Traballo e Benestar, Coro Piñeiro; a concelleira de Santiago María Jesús Sáinz; o presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez López; e o presidente da Fundación Grupo Norte, Javier Ojeda Prieto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.09.2014.