Ir o contido principal

Inauguración da exposición ‘Tecido cru. Insectos, catedrais, dobras e trenzas. Exercicio e didáctica no deseño’

Inauguración da exposición ‘Tecido cru. Insectos, catedrais, dobras e trenzas. Exercicio e didáctica no deseño’
Inauguración da exposición ‘Tecido cru. Insectos, catedrais, dobras e trenzas. Exercicio e didáctica no deseño’

Máis de trinta pezas téxtiles realizadas polo alumnado dos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga) exporanse a partir deste xoves na Igrexa da Universidade para reflexionar sobre os principios construtivos do deseño.

A exposición ‘Tecido cru. Insectos, catedrais, dobras e trenzas. Exercicio e didáctica no deseño’ que comisarían Lola Dopico Aneiros e Cristina Varela Casal inaugúrase este xoves 16 ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade, onde permanecerá ata o 31 de marzo cun horario de visitas de luns a venres de 17.00 a 20.30 horas.

A partir do uso do tecido cru, as pezas presentes na mostra xorden como exercicio de comprensión do vestido, que as creadoras e creadores presentan ás veces baixo a retórica da acumulación, a esaxeración e a hipérbole. Trátase así de amosar e facer lexibles os fundamentos do deseño, pero tamén o proceso de comprensión do vestido como un obxecto poético puro. Con el advírtese a lóxica de oposición entre simetría e irregularidade, estabilidade e desequilibrio, estatismo fronte a mutabilidade; e tamén as calidades do tecido, que inflúen na súa trama, textura, aspereza ou suavidade, rixidez, maleabilidade, dureza ou fraxilidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2017.