Ir o contido principal

Inauguración de Fototalentos'09, con instantáneas sobre convivencia realizadas por novas promesas

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, e o director da Fundación Banco Santander, Javier Aguado, inaugurarán este xoves, 16 de abril, ás 12:00 horas no xardín exterior do Colexio de Fonseca (R/ Rodríguez de Padrón) a exposición Fototalentos´09, composta por 24 fotografías e dedicada especificamente ao tema ‘Convivencia’.
Ata o 28 de abril poderase visitar a terceira das exposicións itinerantes deste concurso de fotografía que vincula á comunidade universitaria iberoamericana co mundo da arte impulsado pola Fundación Banco Santander coa colaboración de Universia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2009.