Inauguración da III edición do Día do Emprendedor
A Universidade de Santiago de Compostela participará un ano máis no desenvolvemento do Día do Emprendedor, que celebrará a súa terceira edición no salón de actos do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo este xoves 15, a partir das 9:30 horas.
A inauguración oficial desta celebración será ás 12:00 e estará presidida polo alcalde, José López Orozco. Por parte da USC asistirá o vicerreitor adxunto de Investigación de Proxección Exterior, Agustín Merino. Estarán prensentes tamén representantes das outras entidades colaboradoras como o presidente da Fundación CEL, Luis García Santalla; o presidente da Cámara de Comercio, Alfredo Mosteirín, e o vicepresidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo, Rubén López.