Ir o contido principal

Inaugúrase no Colexio de Fonseca da exposición ‘O lecer das augas. Historia dos Balnearios de Galicia'

‘O lecer das augas’ é o lema da exposición que sobre a Historia dos Balnearios de Galicia abrirá este xoves 3 as súas portas no Colexio de Fonseca da USC. O acto inaugural celebrarase este xoves ás 19:30 horas coa presenza do vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo; a secretaría xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo; e o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia e secretario da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Benigno Amor. A exposición presenta a historia, riqueza e as potencialidades balnearias de Galicia, comunidade onde se sitúa unhas das maiores concentracións termais de Europa. A mostra articúlase nunha serie de bloques cos principais fitos históricos do termalismo e as súas particularidades, arrancando co rexurdimento dos balnearios galegos no tempo da Ilustración e continuando cos balnearios liberais (1808-1874), Restauración e Belle Époque (1875-1914), ditadura de Primo de Rivera, República e posguerra, a recuperación destes establecementos durante a transición, os principais balnearios galegos na historia, a vida cotiá dos bañistas, a arquitectura destes espazos, as augas embotelladas e outras actividades industriais e a publicidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2011.