Ir o contido principal

Inaugúrase esta tarde o curso en xestión socio-educativa de inmigración no eido local

Inaugurado en Ciencias da Educación un curso en xestión socio-educativa de inmigración no eido local
Inaugurado en Ciencias da Educación un curso en xestión socio-educativa de inmigración no eido local

O curso de perfeccionamento en Xestión socio-educativa da inmigración no eido local inaugúrase na tarde deste xoves 9 nun acto que, ás 17:00 horas na Sala Sarmiento da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur), preside o vicerreitor de Política Internacional, Agustín Merino.
Na apertura intervirán ademais o profesor Miguel A. Santos Rego en nome dos directores do curso; o director do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Antonio Rodríguez Martínez; o decano da Facultade, Rodolfo Lois Ferradás Blanco; e o presidente da Fegamp, Carlos Fernández Castro.
O curso desenvolverase ao longo dos meses de outubro e novembro nos que os asistentes coñecerán a importancia estratéxica do medio local na xestión cultural e socio-educativa da inmigración, que é onde adquire maior complexidade por ser o lugar no que se expresan máis directamente as dinámicas sociais, as aspiracións persoais, os conflitos e mesmo as solucións innovadoras que tentan mellorar as condicións de vida e o respecto aos dereitos humanos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2009.