Ir o contido principal

Inaugúrase unha nova edición da exposición ‘Compostela. Un ano de Voz’

58 fotografías conforman a mostra ‘Compostela, un ano de Voz’, cita obrigada na cidade que se inaugura este xoves 8 ás 20.00 horas no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca nun acto presidido polo reitor Juan Viaño. Nesta dezasete edición móstrase a realidade acontecida en Santiago en 2014 e reflectida a través dos obxectivos dos fotógrafos de La Voz de Galicia Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Merce Ares. A actualidade política local, o novo goberno na Universidade ou a rehabilitación da catedral son algunhas das temáticas reproducidas nas instantáneas que se poderán contemplar ata o 31 de xaneiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.01.2015.