Inaugúrase a exposición ‘Heroes ocultos. Inventos xeniais, obxectos cotiáns’
Dende este venres 6 de xullo ao 29 de agosto de 2012 o Colexio de Fonseca acollerá, por primeira vez en España, unha innovadora mostra de divulgación do deseño daqueles obxectos que compoñen a nosa rutina e os nosos costumes. que se exhibe por primeira vez en España. A exposición, do Vitra Design Museum en cooperación con Hi-Cone, está producida e organizada pola Obra Social ”la Caixa” e conta coa colaboración da USC e o Concello de Santiago. Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns presentarase aos medios de comunicación este venres 6 ás 11.00 horas nun acto na propia sala de exposicións no que intervirán o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC, Francisco Durán; a primeira tenente de alcalde do Concello de Santiago, Reyes Leis; a directora xeral adxunta da Fundación ”la Caixa”, Elisa Durán; o director executivo territorial de ”la Caixa” en Galicia, Marc Arthur Benhamou; e o director do Vitra Desig Museum, Marc Zehntner. A continuación procederase á inauguración oficial e realizarase un percorrido guiado da man da comisaria da mostra, Laura Hompesch.