Inaugúrase na Facultade de Ciencias da Educación a exposición 'Unha ollada ao Camiño Primitivo de Santiago'
A Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur acubillará dende este martes, día 13, a exposición ‘Unha ollada ao Camiño Primitivo de Santiago” que organiza a Asociación de Viandantes do Camiño Primitivo, integrado por persoal e internos do cárcere de Bonxe (Lugo). A inauguración da mostra celebrarase este mesmo martes a partir das 12:30 horas.
Fotografías, debuxos, maquetas e todo tipo de material recompilado polos integrantes da Asociación nun recente percorrido pola vía xacobea mostraranse ao público nesta iniciativa promovida pola Comisión de Cultura da Facultade. A mostra conta ademais co patrocinio da SA de Xestión do Plan Xacobeo.