Inaugúrase na Igrexa unha mostra conmemorativa dos 30 anos de vida de Teatro do Noroeste
Os trinta anos de vida da compañía Teatro do Noroeste, con preto de 40 obras en 1.250 representacións, conforman a exposición que este xoves 8 se inaugurará ás 18.00 horas na Igrexa da Universidade nun acto presidido pola vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez.
Asisten ademais o director da compañía, Eduardo Alonso; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o director de Agadic, Jacobo Sutil.
A mostra ’30 anos actuando’ poderá visitarse ata o de xuño de luns a sábado de 16:30 a 20:30 horas.