Ir o contido principal

Inaugúrase na Igrexa da Universidade a exposición 'Rudesindus. A cultura europea do século X'

Este ano cúmprese o 1100 aniversario do nacemento de Rudesindus, máis coñecido como San Rosendo, canonizado no século XII e de sólida formación intelectual e teolóxica que se converteu en bispo da sé mindoniense e administrador da sé apostólica. Conmemorando esta efeméride, a S.A. de Xestión do Plan do Xacobeo, coa colaboración da USC, organiza a exposición ‘Rudesindus. A cultura europea do século X’ que se inaugurará este venres, día 6, ás 18:00 horas na Igrexa da Universidade.
Rudesindus. A cultura europea do século XA cultura europea do século X é o eixo da mostra, unha época na que a cidade de Santiago tiña un carácter internacional debido á importancia que estaba acadando o fenómeno da peregrinación a Compostela, de dimensións transnacionais. Daquela Rudesindus era o bispo administrador da diocese de Iria-Compostela.
A exposición organízase en sete bloques: Xentes e territorios. Unha concepción do mundo; Campo e cidade. Novos horizontes de vida e traballo; Cultura monástica; Reliquias e peregrinación; Espazos sacros; O esplendor da corte; e As portas do Xuízo Final.
Triloxía expositivaA mostra forma parte dunha triloxía que arrancou na vila de Mondoñedo co título ‘A Terra e o Templo en Mondoñedo’, continúa en Compostela coa ‘Cultura europea do século X’ e rematará en Celanova coa mostra ‘O legado do santo en Celanova’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.07.2007.