Ir o contido principal

Inaugúrase en Lugo un curso de experto na xestión de residuos das explotacións agrogandeiras

O director da Escola Politécnica Superior de Lugo, Javier Bueno; o director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do campus lugués, Pablo Ramil ; e o director xeral do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Eduardo Vidal; inaugurarán, este martes 9 ás 17:00 horas no Salón de Actos da EPS, a quinta edición do ‘Curso de experto en xestión de residuos xerados nas explotacións agrogandeiras e nas industrias agrarias de transformación’, organizado polo BADER coa colaboración do CETAL.
Trala apertura oficial do curso, ao que asistirán 16 alumnos, o catedrático de Edafoloxía da USC Felipe Macías Vázquez impartirá a primeira clase, na que abordará as perspectivas de futuro da aplicación ao solo de residuos orgánicos.

As demais sesións desenvolveranse os xoves, ata o 1 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00 horas.
Profesores e investigadores da USC e da Universidade de Vigo, investigadores do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, profesionais das Consellarías de Medio Ambiente, de Medio Rural, e de empresas galegas relacionadas coa xestión de residuos impartirán este curso, que dirixen as profesoras María Xesús Sainz Osés e María Elvira López Mosquera.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.02.2010.