Inaugúrase o luns en Ciencias un curso de Calorimetría
A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo inaugura o luns 20 o décimo Curso de Análise Térmico e Calorimetría aplicada, ás 12:00 horas. Trátase dunhas xornadas anuais e itinerantes que este ano se celebran no centro lugués organizadas polo Grupo Especializado de Calorimetría e Análise Térmico (GECAT), do que o decano de Ciencias, Francisco Fraga, é vicepresidente.
O curso, que se prolongará ata o venres 24 e está dirixido a todos os expertos e estudantes da EPS, terá como obxectivo dar a coñecer as aplicacións da análise térmica en ámbitos tan diferentes como a industria téxtil, a conservación de alimentos, os materiais de construción ou os sistemas de refrixeración.
A constitución do GECAT foi o resultado do interese de numerosos profesionais de universidades, entre as que se atopa a USC, centros de investigación e empresas públicas e privadas distribuídas por toda a xeografía española, que viñan facendo uso de técnicas de análise térmico.
As persoas interesadas en obter máis información sobre a programación prevista para estes días poden consultar a páxina http://www.ucm.es/info/rsef/gecat/programa.doc.