Inaugúrase este mércores a exposición 'O pobo xitano en Lugo'
Poderase visitar na Biblioteca Intercentros ata o día 24
Con motivo do Día Internacional dos Xitanos e para conmemorar os 25 anos da Asociación Promoción e Integración Xitana de Lugo, este mércores 8 de abril inaugúrase a exposición ‘O pobo xitano en Lugo’. Ao acto inaugural na Biblioteca Intercentros, ás 12:30 horas, asistirá o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, que estará acompañado por outros representantes das entidades organizadoras.
Con esta mostra, que se poderá visitar ata o 24 de abril, preténdese dar recoñecemento no ámbito local á historia do pobo xitano así como á súa lingua e cultura.
O acto está dirixido á comunidade xitana de Lugo, colaboradores, voluntarios e ao público en xeral.