Inaugúrase en Veterinaria a exposición 'Xoguetes para hoxe', organizada en colaboración coa Deputación Provincial
O vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres inaugurará este xoves, día 10, a exposición ‘Xoguetes para hoxe’, organizada en colaboración coa Deputación Provincial e que poderá visitarse na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria ata o día 30 deste mes.
Neste acto de apertura estarán presentes os autores da mostra, Xosé López González e Xosé Manuel García; a decana da Facultade de Veterinaria, Ana María Bravo Moral, así como os membros da comisión europea que está a realizar a avaliación no centro esta semana. A Deputación Provincial estará representada polo responsable da área de Cultura, Antón Veiga.