Ir o contido principal

Inaugúrase este xoves o Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas

A quinta edición do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas inaugurarase na tarde deste xoves, 3 de novembro, no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea. A conferencia inaugural será ás 19.00 horas a cargo do catedrático de Estética e Teoría da Arte na Universidade de Salamanca, José Luis Molinuevo, que impartirá a conferencia ‘O corpo da imaxe’ na que abordará cuestións como a complexidade das imaxes no século XXI e o rol que xoga o espectador con respecto a elas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2011.