Inaugurouse na Igrexa a exposición ‘O unicornio e o seu mundo’

O artista plástico Nicolás González Aller inaugurou este xoves na Igrexa da Universidade a exposición de pintura ‘O unicornio e o seu mundo’ acompañado do reitor Juan Casares Long; do vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; e do comisario da mostra, Miguel Santalices Vieira, A exposición ofrecerá ás persoas que a visiten a oportunidade de viaxar aos mundos fantásticos e de ensoñación que interpreta o pintor lalinense na procura do unicornio. De entrada libre, permanecerá aberta ata o 31 de xaneiro en horario de 17.00 a 20.30 horas de luns a venres.