Ir o contido principal

A incidencia do estrés na saúde reunirá a expertos de todo o continente en Santiago

Na mesma conferencia europea prestarase particular atención ao estrés no labor cotiá dos policías

O Laboratorio Estrés e Neuroinmunoloxía (SNL Lennart Levi) organiza unha Conferencia Europea Sobre Promoción da Saúde e o Benestar no Traballo como continuidade dun ciclo de conferencias de ámbito europeo que se viñeron celebrando durante as presidencias británica e sueca da Unión Europea (UE), inspiradas na Estratexia de Lisboa e cuxo tema central é a Saúde Ocupacional. Emprazado na Facultade de Medicina da USC, dirixe o Laboratorio o profesor Manuel Freire-Garabal.
A reunión de Santiago, a celebrar os días 27 e 28 de maio, consistirá en dúas sesións consecutivas, unha de índole máis xeral sobre ‘Estrés Laboral en Europa’, e unha segunda dedicada de xeito particular á ‘Estrés Policial’.
Na primeira delas intervirán os profesores Lennart Levi, falando sobre ‘Promoción da saúde, o benestar e produtividade no traballo-Facéndoo Posible’, e Manuel Freire-Garabal cunha reflexión arredor das repercusións do estrés sobre a saúde. Tamén participarán representantes de organismos nacionais e autonómicos encargados da promoción da saúde no traballo. A xornada finalizará en Sanxenxo coa presentación dunha declaración institucional que será elevada polo profesor Levi á Comisión Europea, como se fixo anteriormente en Suecia.
Estrés policialNa segunda sesión, dedicada a ‘Tensión Policial’, e que será comezo de actividades monográficas que se continuarán nas seguintes presidencias da UE, estarán presentes os representantes de EUROCOP, AUGC, SUP, policías autonómicas e locais. Estes profesionais que explicarán as súas problemáticas e decidirán liñas de actuación futuras, que serán recollidas na ‘Declaración de Santiago sobre Estrés Policial’, que do mesmo xeito que a anterior, será transmitida á Comisión Europea a través de EUROCOP.
De feito, o Laboratorio Estrés e Neuroinmunoloxía (SNL Lennart Levi) vén desenvolvendo actividades como centro de referencia para sindicatos policiais como AUGC na valoración e desenvolvemento de estratexias fronte ao estrés en corpos policiais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.05.2010.