‘Con i de Inclán’, as múltiples facetas do escritor galego

Irreverente, iconoclasta, insubordinado, pero sobre todo intemporal. ‘Con i de Inclán’ é o nome da mostra que expoñen os graduados en Xornalismo pola USC Rubén Luengo e Laura Sanisidro na Casa Museo de Valle Inclán na Pobra do Caramiñal ata o 21 de marzo.
Resultado do traballo de fin de grao titorizado polo profesor da USC Fermín Galindo Arranz, os dous estudantes pretenden reflectir na exposición a imaxe pública de Valle Inclán a través dunha selección de entrevistas realizadas ao autor ao longo da súa vida.