Ir o contido principal

Industria e administracións danse cita a finais de semana no 'Inside the Lab' do CiTIUS da USC

Industria e administracións danse cita a finais de semana no 'Inside the Lab' do CiTIUS da USC
Industria e administracións danse cita a finais de semana no 'Inside the Lab' do CiTIUS da USC

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) convoca por cuarto ano consecutivo a representantes da industria e o sector público na xornada de portas abertas 'Inside the Lab' do vindeiro 6 de xullo. Quen desexe participar no encontro, concibido para pór en valor os últimos avances de investigación desenvolvidos no centro, deberá cubrir antes do 5 de xullo o formulario de inscrición.

Será o venres cando os asistentes terán a oportunidade de descubrir unhas tecnoloxías que contan xa cun grao óptimo de innovación e madurez, o que as convirte en candidatas ideais para seren transferidas. Entre as 10:00 e as 14:00 horas, distintos puntos de información repartidos polo centro destacarán algunhas das múltiples aplicacións coas que contan estes sistemas.

Tras o éxito de participación de edicións anteriores, os científicos confían en atraer de novo o público máis especializado co obxectivo de trasladarlle as vantaxes competitivas dos seus resultados de investigación.

Na xornada participarán tamén responsables das dúas spin-offs creadas por investigadores do CiTIUS: Situm, que centra a súa actividade nas tecnoloxías de xeoposicionamento en interiores, e Imagames, orientada ao desenvolvemento de solucións de gamificación en diversos dominios como a formación de empregados, as técnicas de aprendizaxe virtual ou o márketing dixital.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.07.2018.