Ir o contido principal

Iníciase a admisión de estudantes nos programas de doutoramento da USC

Aberta a solicitude de adminisión en programas de doutoramento da USC. Foto: Santi Alvite
Aberta a solicitude de adminisión en programas de doutoramento da USC. Foto: Santi Alvite
Os prazos para solicitar o acceso aos programas doutorais e para efectuar a matrícula en continuación de estudos arrancan o 1 de setembro
Lugo, Santiago de Compostela

O estudantado de novo acceso que desexe cursar algún programas de doutoramento na USC pode tramitar a súa solicitude de admisión do 1 ao 9 de setembro a través da Secretaría Virtual. O día 19 dese mes publicarase a primeira listaxe provisoria de persoas admitidas e, tras un período de presentación de reclamacións do 20 ao 23 de setembro, procederase á publicación da relación definitiva de persoas admitidas o 29 de setembro. A seguir, estas poderán completar a súa matrícula entre o 30 de setembro e o 11 de outubro. A partir do mes de febreiro de 2023 abrirase un segundo prazo de admisión de alumnado.

En paralelo, o alumnado que xa estaba inscrito en programas de doutoramento en cursos anteriores pode efectuar a matrícula de continuación de estudos entre o 1 de setembro e o 11 de outubro.

No curso 2022-23 ofrécense 857 prazas distribuídas en 57 programas de doutoramento. Os requisitos específicos para o ingreso en cada un deles poden consultarse a través da web da Escola de Doutoramento Internacional da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.09.2022.