Ir o contido principal

Innovatia 8.3 participa nas xornadas técnicas da rede de oficinas de transferencia de resultados de investigación

De esquerda a dereita, José Luis Villaverde, Eva López Barrio, Antonia Morillas, Isabel Jiménez Lucena, Sabela López Figueiras e Beatriz Gómez Barrera
De esquerda a dereita, José Luis Villaverde, Eva López Barrio, Antonia Morillas, Isabel Jiménez Lucena, Sabela López Figueiras e Beatriz Gómez Barrera
Esta iniciativa de USC e Instituto das Mulleres incorpora a perspectiva de xénero na creación de empresas de base tecnolóxica e apoia as mulleres emprendedoras na universidade

O proxecto Innovatia 8.3 da USC e do Instituto das Mulleres participou este mércores 15 nas xornadas técnicas impulsadas pola RedOTRI, rede de oficinas de transferencia de resultados de investigación (OTRI), que se desenvolveron no marco de Foro Transfiere, en Málaga. O evento serviu de marco para que Eva López Barrio, coordinadora de Innovatia 8.3, presentarse os resultados do Estudo de xénero no emprendemento de I+D+i, acompañada por Beatriz Gómez Barrera, xerente de Kampal Data Solutions, spin-off da Universidade de Zaragoza.

Antonia Morillas, directora do Instituto das Mulleres, e Isabel Jiménez Lucena, coordinadora de Políticas de Xénero do grupo de sustentabilidade da CRUE inauguraron a sección das xornadas destinada a Innovatia baixo o lema ‘pensar o xénero nos procesos de xeración do coñecemento e a transferencia’.

Pola súa parte, ‘Misións e Intercambio de persoal técnico Otris para a aprendizaxe conxunta’ foi o título do relatorio impartido por Sabela López Figueiras, técnica de transferencia e de creación de empresas de base científica da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC. Tamén asistiu José Luis Villaverde Acuña, director da AVTE da USC.

Innovatia incorpora a perspectiva de xénero na creación de empresas de base tecnolóxica e apoia as mulleres emprendedoras na universidade. Con esa tarefa, téntase acometer a análise, comprender e corrixir os "nesgos de xénero" que se producen no emprendemento universitario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2023.