A inscrición da II Carreira da Saúde pode formalizarse ata o 27 de abril
Arredor de cinco quilómetros pola Granxa do Xesto conforman o percorrido da II Carreira da Saúde 2012 que impulsa a asociación de estudantes Medicina Intercambios Galicia (Meiga) e que se celebrará o próximo 28 de abril de 2012. Esta é unha carreira aberta a persoas de todas as idades, que poderán elixir entre distintas modalidades segundo a lonxitude a cubrir e o tempo estimado no que realicen o percorrido. Ben en carreira ben a modo de camiñada, a proba volve reivindicar nesta segunda edición a promoción dos hábitos saudables e o exercicio. Durante todo o desenvolvemento da Carreira, a organización repartirá froita e bebida ademais de entregarlle aos participantes unha gorra personalizada da súa experiencia. As persoas interesadas deberán inscribirse como máximo ata o 27 de abril. Máis información en http://lacarreradelasalud2012.wordpress.com/.