Ir o contido principal

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural estrea sede no Campus de Lugo

Senén Barro descubre a placa da nova sede do IBADER en Lugo en presenza do alcalde López Orozco
Senén Barro descubre a placa da nova sede do IBADER en Lugo en presenza do alcalde López Orozco

O reitor da USC, Senén Barro, inaugurou este mércores a nova sede do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do Campus de Lugo situada na coñecida como ‘Casa da Granxa’ , entre a Facultade de Dirección e Administración de Empresas e o Hospital Clínico Veterinario Rof Codina.

A Casa da Granxa construíuse ao redor do ano 1945 para acoller a vivenda do director da Estación Pecuaria Rexional de Galicia. No ano 2006, o Consello de Goberno do IBADER decidiu recuperar ese edificio como sede do instituto, para o que se asinou un convenio de colaboración entre a USC, as Consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente e a Deputación Provincial, que cedeu a finca. As entidades participaron en partes iguais no orzamento das obras, que comezaron en xaneiro de 2009 e que superaron os 500.000 euros.

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural foi creado no ano 2001 pola USC, o Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes), e as Consellarías de Medio Ambiente e Medio Rural na Facultade de Veterinaria, converténdose no primeiro instituto de investigación con sede en Lugo. O seu primeiro director foi Francisco Maseda,

Numerosas autoridades da vida académica e social asistiron ao acto A nova sede do Ibader sitúase na restaurada Casa da Granxa

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2010.