Ir o contido principal

O Instituto de Matemáticas analiza a situación actual e as perspectivas de futuro das novas infraestruturas para a investigación matemática en España

O Instituto de Matemáticas da Universidade de Santiago organiza este mércores 7 unhas xornadas nas que se debaterá sobre as novas infraestruturas para a investigación matemática en España.
A xornada celebrarase a partir das 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas coa participación do reitor da Universidade da Coruña, José M. Barja; o director xerente do Cesga, Javier García Tobío; o director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Salustiano Mato; e do profesor de investigación do CSIC, Manuel de León.
No transcurso do encontro analizarase a situación actual destas infraestruturas coa avaliación das iniciativas xa en marcha para deseguido abrir un debate sobre futuras actuacións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2007.