Ir o contido principal

Intelixencia e terrorismo, claves dunha xornada que organiza o Centro de Estudos de Seguridade da USC

Intelixencia e terrorismo, claves dunha xornada que organiza o Centro de Estudos de Seguridade da USC
Intelixencia e terrorismo, claves dunha xornada que organiza o Centro de Estudos de Seguridade da USC

As novas ameazas na seguridade nacional, a opinión pública en relación ao terrorismo ou a importancia de coñecer as claves da ideoloxía dos grupos xihaidistas son algún dos temas a tratar este xoves na xornada que sobre intelixencia e terrorismo organiza en Dereito o Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) da USC que dirixe o profesor José Julio Fernández.

O reitor Juan Viaño lembrou na inauguración cómo en 2003 o Centro Nacional de Intelixencia (CNI) –cuxo director Félix Sánz intervén tamén na xornada– iniciou unha política de sensibilización en torno ao concepto ‘Cultura da Intelixencia’ co obxecto de mellorar o coñecemento da sociedade no que respecta aos seus fins e funcións, sempre enmarcados no Estado democrático.

Viaño aproveitou ademais para pór en valor o CESEG, “un dos referentes nacionais na investigación e divulgación de coñecementos en seguridade, defensa e intelixencia, integrado por especialistas de recoñecido prestixio académico”.

Ao longo do día están previstas as intervencións de, entre outros, o maxistrado do Tribunal Supremo Pablo Lucas Murillo de La Cueva; o director do Instituto Español de Estudos Estratéxicos, Miguel Ángel Ballesteros Martín; o xornalista e analista internacional Miguel Anxo Murado; ou o director do CNI, Félix Sanz Roldán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2016.