Ir o contido principal

Unha investigación da USC advirte da falla de preparación do profesorado universitario fronte a alumnado con discapacidade

Unha investigación da USC advirte da falla de preparación do profesorado universitario fronte a alumnado con discapacidade
Unha investigación da USC advirte da falla de preparación do profesorado universitario fronte a alumnado con discapacidade
Reclámanse maiores recursos para poder ofrecer una formación de calidade

A integración real e efectiva de estudantes con discapacidade nas universidades é unha realidade, tamén constatable na USC, que obriga a continuar incrementando os esforzos para mellorar a atención educativa que reciben así como fomentar actitudes favorables de cara a eles. Así o constata a investigación ‘Integración educativa e social dos estudantes con discapacidade na Universidade de Santiago de Compostela’ que realizou o pasado curso a doutora pola USC Emma Mayo Pais. Para o estudo traballouse cunha mostra de todos os sectores universitarios (alumnado, PDI e PAS) e da que se desprende unha certa falla de preparación do profesorado neste campo, “que repercute de forma negativa no seu labor docente á vez que xera algún malestar ou inseguridade”, subliña a investigadora, para quen é necesario “unha maior formación que permita fomentar así a súa implicación sen confundir axuda, modificacións e adaptacións con discriminación positiva”. Un incremento de accións neste senso, “facilitándolles o acceso aos contidos e adaptando a metodoloxía e a avaliación ás súas necesidades, contribuiría a diminuír o sentimento de soidade do estudante, afirma Mayo. Estas e outras conclusións presentaraas Emma Mayo esta semana en Madrid, no I Congreso Internacional Universidade e Discapacidade. Alí falará das actitudes do alumnado da USC cara ao colectivo de estudantes con discapacidade, as necesidades e dificultades destes e as actitudes do profesorado e a súas respostas educativas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.11.2012.