O investigador Ernst Langthaler disertará sobre a historia social do rural austríaco baixo o dominio nazi
O investigador da Universidade de Viena Ernst Langthaler impartirá este venres 3 a conferencia ‘Unha historia social do rural austríaco baixo o dominio nazi’, organizada polo grupo de investigación Histagra e o Departamento de Historia Contempóranea. A intervención comezará ás 12:00 horas na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia presentada polo director do Departamento Lourenzo Fernández. A intervención do profesor Langthaler amosará as súas liñas de investigación orientadas ao desenvolvemento da agricultura europea e global, a sociedade rural en Austria e a antropoloxía e a socioloxía económica.