Ir o contido principal

O investigador Guido Kroemer gaña o quinto Premio Internacional de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica

Formaron parte do xurado, o reitor, o decano de Medicina e o profesor Manuel Freire-Garabal

O reitor Juan Viaño, o decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal, e o catedrático de Farmacoloxía Manuel Freire-Garabal integraron o xurado do Premio Internacional de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal-Fundación La Roseleda que acaba de ser outorgado ao profesor Guido Kroemer.

O premiado é autor de máis de 700 artigos nas revistas máis prestixiosas, unha produción que, segundo resaltou o xurado, o sitúa entre os científicos máis citados do mundo no ámbito da biomedicina. O ditame do xurado sitúa a Guido Kroemer “entre ese reducido número de científicos que son fonte continua de inspiración e estímulo!”. O premiado desenvolve o seu labor no campo da inmunoloxía e da bioloxía celular e é pioneiro no desenvolvemento de novas aplicacións destas disciplinas para o estudo e tratamento do cancro. O xurado do premio complétano o xefe de Oncoloxía do CHUS, Rafael López, o presidente da Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM), o director xerente o Hospital La Rosaleda e os presidente da Fundación La Rosaleda e do Grupo Frinsa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2016.