Ir o contido principal

Un investigador de Harvard formado na USC imparte unha conferencia na Facultade de Física

O investigador da Universidade de Harvard David Míguez, anteriormente membro do Grupo de Sistemas Complexos da Facultade de Física da USC, impartirá este xoves 18 a conferencia ‘Bistabilidade no cancro: a bioloxía celular atópase coa dinámica non lineal’. Míguez, que estudou no centro compostelá, leu en Santiago a súa tese, que dirixiu o profesor Alberto Pérez Muñuzuri.
A charla, que será ás 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Física, explicará un novo concepto, o da bistabilidade, polo que a un sistema se lle supoñen dúas situacións estables. Xa aplicado ao cancro, na conferencia disertará acerca das investigacións que pretenden modificar a velocidade coa que as ondas de transición dun conxunto de células canceríxenas van infectando ás sas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.12.2008.