Ir o contido principal

O investigador José Adolfo de Azcárraga, novo convidado do programa conmemorativo do Ano Darwin na USC

O programa ‘Darwin e a evolución: 2009 Ano Darwin’ recupera o seu pulso neste novo curso académico co inicio das actividades do seu segundo módulo de actividades. A cita será este xoves 15 a partir das 19:30 horas no Paraninfo da USC, na Facultade de Xeografía e Historia, co catedrático José Adolfo de Azcárraga.
Investigador do Departamento de Física Teórica da Universidade de Valencia e do Instituto de Física Corpuscular (CSIC-UVEG), o doutor de Azcárraga pronunciará a conferencia ‘Vixencia e actualidade da Teoría da Evolución’. As persoas interesadas poden consultar a programación do Ano Darwin na web http://www.usc.es/cultura/anodarwin.htm.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2009.