Ir o contido principal

O investigador Luís Sanguiao Sande imparte unha nova conferencia do Seminario Vidal Abascal

O Seminario Vidal Abascal, que organizan o Departamento de Xeometría e Topoloxía e a Facultade de Matemáticas da USC, contará na súa sesión deste xoves 20 coa participación do investigador da universidade compostelá Luís Sanguiao Sande que pronunciará a conferencia ‘L2-distribucións de Lefschetz en foliacións de Lie’. A intervención comezará ás 16:30 horas na Aula 7 da Facultade compostelá.
Luís Sanguiao Sande é doutor en Matemáticas pola USC e especialista no estudo xeométrico e analítico das variedades foliadas, tema no que traballa en colaboración co profesor Jesús A. Álvarez López.
O seminario ‘Vidal Abascal’O seminario toma o seu nome en homenaxe ao profesor Enrique Vidal Abascal, partícipe fundamental na creación do Departamento de Xeometría e Topoloxía e da Facultade de Matemáticas da USC, onde ocupou o cargo de director e decano, respectivamente, ademais de ser unha figura emblemática da matemática galega actual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2007.