Ir o contido principal

O investigador Luis Velasco coordina un volume que revisa en perspectiva histórica a relación entre mocidade e violencia

O investigador do Centro Mixto en Estudos de Seguridade da USC (CESEG) e membro do grupo Hispona, Luis Velasco, coordina o libro Juventud y violencia en la historia. Del mundo antigo al mundo actual, publicado polo Valedor do Pobo co apoio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Neste volume seis investigadores dos ámbitos da historia, a antropoloxía, a didáctica, a economía e a ciencia política fan un percorrido polas relacións entre mocidade e a violencia ao longo dos séculos coa intención de facer unha abordaxe do tema de xeito multidisciplinar que axude a comprender a súa evolución dende unha persoectiva macrohistórica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.08.2015.