O investigador Pablo Corral presenta na USC o seu traballo ‘Sobre a sociedade ambiental’
A Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea e de América acolle este xoves 26 a presentación que Pablo Corral, do Centre de Recherches Historiques da Escola de Altos Estudos en Ciencias Sociais de París (CNRS) realizará respecto do seu traballo ‘Sobre a sociedade ambiental’. Esta é unha actividade que organiza o grupo Histagra e que se desenvolverá entre as 12.00 e as 14.00 horas. A presentación estará aberta ao debate posterior coas persoas que acudan a esta cita. Pablo Corral (Huesca, 1980) é licenciado en Humanidades pola Universidade de Zaragoza e investigador do grupo de historia mediambiental do CNRS. A súa experiencia investigadora abrangue a historia ambiental, social, oral e a rural e agraria, con especial atención á historia do viño.