Ir o contido principal

O investigador da USC Rubén Nogueiras acada o premio a novos investigadores da Fundación AstraZeneca

Rubén Nogueiras, investigador da USC
Rubén Nogueiras, investigador da USC

O investigador da Universidade de Santiago Rubén Nogueiras é un dos catro gañadores dos II Premios Novos Investigadores, unha iniciativa da Fundación AstraZeneca en colaboración co Instituto de Salud Carlos III que recoñece e impulsa o talento científico de científicos menores de 40 anos. Esta segunda edición contou cunha participación un 25% superior á do pasado ano, con 90 candidaturas.

Rubén Nogueiras, que acada así unha axuda económica de 20.000 euros, gañou na categoría de Diabete Tipo II e Obesidade coa súa investigación ‘Papel de p63 hepático no control do metabolismo de glicosa e sinalización de insulina’, desenvolvida no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS). O traballo de Nogueiras abriría novas vías de investigación para buscar compostos específicos para a diabete tipo II, unha das principais causas de morte no mundo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.09.2016.