Ir o contido principal

A investigadora do BAS de Sofía Emiliya Velizarova analiza no Campus Terra o impacto dos incendios forestais en Bulgaria

Emliya Velizarova, na súa intervención na EPS
Emliya Velizarova, na súa intervención na EPS

A investigadora búlgara Emiliya Velizarova, que está a completar unha estadía na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC convidada pola profesora do Departamento de Produción Vexetal Rosa Mosquera, analizou este martes a incidencia e o impacto dos incendios forestais en Bulgaria.

O relatorio ofrecido pola doutora Velizarova, investigadora da Academia das Ciencias de Sofía que centra a súas liñas de traballo no estudo dos aspectos ecolóxicos dos incendios forestais, fixo especial énfase na afectación dos solos provocada polos lumes, así como nas prácticas post-incendio máis empregadas en Bulgaria.

A visita desta experta en ecoloxía Búlgara ao Campus Terra da USC encádrase no marco dun acordo Erasmus+ que existe entre a Academia das Ciencias de Bulgaria (BAS) e a institución académica compostelá.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2016.