Ir o contido principal

Unha investigadora checa analiza a consideración social do galego a través das actitudes lingüísticas do alumnado de Ferrol, Lugo e Pontevedra

Determinar as actitudes lingüísticas dos estudantes cara ao galego para dar a coñecer a consideración social da lingua, tomando como referencia un determinado grupo social. Ese é o principal obxectivo da investigación doutoral de Iva Řihošková, da Universidade checa de Palacký en Olomouc, que esta semana explicouno Instituto da Lingua Galega. A investigadora pretende establecer unha comparación entre os estudantes de bacharelato e os universitarios de grao para comprobar se existe un cambio de actitude entre ambos. Para isto, Řihošková empregou unha mostra de 300 estudantes do espazo urbano, concretamente das cidades de Ferrol, Lugo e Pontevedra. As actitudes lingüísticas mediraas mediante unha combinación do método directo (cuestionario de ítems consistente en vinte preguntas pechadas) co método indirecto (escoita de gravación de diferentes voces, seguindo o método de pares falsos, ocultos), continuando así a liña de investigación levada a cabo polo profesor Manuel González en O galego segundo a mocidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2014.