Ir o contido principal

Unha investigadora danesa explica diversas experiencias dos países nórdicos en materia económica

O máster en Desenvolvemento Económico e Innovación que coordina Xavier Vence inclúe esta semana a participación da profesora Birgitte Gregersen, do Departamento de Estudos de Negocio da Universidade de Aalborg (Dinamarca) e investigadora do Grupo Innovación, coñecemento e dinámicas económicas.

Birgitte Gregersen imparte este martes ás 16.30 horas na aula 6 da Facultade de Ciencias Económicas a conferencia ‘Innovation systems and public policy – experiences from Nordic countries’. Xa o xoves 26 ás 16.00 horas pronunciará na aula 7 o relatorio ‘Innovation and alternative energy in Denmark – some policy lessons learnt’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2012.