Unha investigadora da universidade Trás os Montes e Alto Douro ofrece esta semana dous relatorios sobre enoloxía en Ciencias
A profesora e investigadora do Departamento de Ciencia Alimentaria e Enoloxía da universidade portuguesa Trás os Montes e Alto Douro María Fernanda Gil Cosme Martins ofrecerá esta semana dous relatorios sobre clarificación e estabilización de viños na Facultade de Ciencias do campus de Lugo.
A profesora Gil Cosme Martins, que está a completar unha estadía no campus de Lugo a través do programa de mobilidade internacional Erasmus Mobility, ofrecerá este martes, a partir das 16.30 horas, no salón de actos da Facultade de Ciencias, un relatorio sobre os conceptos xerais de clarificación e estabilización de viños. A investigadora lusa completará esta intervención o mércores, á mesma hora e no mesmo escenario, cunha sesión con exemplos prácticos sobre estabilización de viños.