Ir o contido principal

Investigadores do Ibader conmemoran este luns o Día Mundial das Zonas Húmidas no Ceip Virxe do Corpiño de Begonte

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC e a Asociación Galega de Custodia do Territorio celebrarán o luns 2 de febreiro o Día Mundial das Zona Húmidas cun acto conmemorativo que se desenvolverá no Ceip Virxe do Corpiño de Begonte a partir das 11.00 horas.

Esta actividade, que se encadra dentro das tarefas de divulgación desenvolvidas no marco do proxecto europeo Life+Tremedal Zonas Húmidas continentais no norte da Península Ibérica: Xestión e restauración de turbeiras e medios higrófilos, contará coa participación do coordinador do proxecto Life na USC, o profesor Pablo Ramil Rego, así como dos investigadores do Ibader Boris Hinojo e Marco Rubinos, ademais de Martiño Cabana e Óscar Riva, en representación da Asociación Galega de Custodia do Territorio. O Subdirector Xeral de Espazos Naturais da Xunta de Galicia, José Antonio Grandas Arias; a deputada provincial da área de Medio Ambiente e Enerxías Renovables da Deputación de Lugo, Sonsoles López Izquierdo, e o alcalde de Begonte, José Ulla Rocha, tamén intervirán neste acto conmemorativo do Día Mundial das Zonas Húmidas, unha efeméride que nesta edición de 2015 céntrase na necesidade de crear conciencia sobre a importancia destas áreas para o noso futuro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.01.2015.