Ir o contido principal

Investigadores da USC avalían a comprensión lectora e a composición escrita en alumnos de Primaria

O proxecto ‘Batería de avaliación da competencia na linguaxe escrita en galego e castelán’ dáse a coñecer este mércores 16 na Facultade de Ciencias da Educación

O grupo de investigación Optimización das Linguaxes Múltiples (Olm) da USC presenta este mércores 16, na Facultade de Ciencias da Educación, ás 12:00 horas, as probas construídas no contexto do proxecto de ‘Batería de avaliación da competencia na linguaxe escrita en galego e castelán’. O acto estará presidido polo decano de Ciencias da Educación, Lois Ferradás. O traballo consistiu na construción de dous tipos de exames de cribado en galego e castelán de compresión lectora e composición escrita para a detección dos escolares con dificultades nestes dominios ao inicio do segundo curso de Educación Primaria. O proxecto está subvencionado pola Xunta de Galicia e fondos Feder.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2011.