Ir o contido principal

Os investigadores da USC reúnense para dar a coñecer os seus traballos científicos

Coa idea de difundir a actividade investigadora da USC e as súas liñas de acción, a Vicerreitoría de Investigación e Innovación organiza para este venres 11 unha reunión informativa que terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Dereito.
Destinado aos investigadores desta universidade, o encontro comezará ás 10:00 horas coa presentación da evolución da actividade científica da USC que resumirá a vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso.
Logo dun debate sobre estas cuestións, a reunión continuará ás 12:00 horas cunha conferencia do coordinador da Oficina de Proxectos Europeos da USC, Fernando Sedano. Finalmente, o xefe da unidade de xestión económica de Oficina de Investigación e Tecnoloxía da universidade, Delfín Pérez, falará ás 13:00 horas sobre financiamento de I+D.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.01.2008.